Falece un condutor tras unha saída de vía en Coristanco
Tal e como trasladou o 112 Galicia, o suceso ocorreu no quilómetro 38 da AC-552. Foi un particular quen avisou ao 112 Galicia ás 18.15 horas deste xoves
Un condutor faleceu tras sufrir unha saída de vía no municipio coruñés de Coristanco. Inicialmente, o home foi auxiliado polos Bombeiros de Bergantiños para saír do coche, pero faleceu antes de ser trasladado ao hospital.
Tal e como trasladou o 112 Galicia, o suceso ocorreu no quilómetro 38 da AC-552. Foi un particular quen avisou ao 112 Galicia ás 18.15 horas deste xoves.
Indicou que se trataba dunha saída de vía dun coche con dous ocupantes: a un deles xa o sacaron do interior do vehículo, pero ao condutor non o daban sacado.
Unha vez no lugar, os Bombeiros de Bergantiños apuntaron que non foi necesario excarceralo, aínda que si axudaron ao persoal sanitario do 061 a sacar ao condutor do interior do turismo. Finalmente, o condutor faleceu e o seu acompañante, que resultou ferido, foi trasladado ao hospital en ambulancia.
Escribe o teu comentario