En Galicia, a Xunta renega dela e só algunhas cidades decidiron aplicala. Na Coruña a taxa entrará en vigor en setembro, mentres que na capital comezará a cobrar a partir do 1 de outubro. Iso se non hai novos adiamentos, como o aplicado en Compostela. En Cataluña suman xa tres atrasos. Unha mostra do polémico da cuestión.