Os solicitantes do Bono Emancípache da Xunta empezan a recibir as resolucións
O Goberno de Galicia recibiu 3.700 peticións para este bono.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, informou de que a Xunta xa comezou a resolver as primeiras solicitudes do Bono Emancípache tras recibir 3.700 peticións.
No pleno do Parlamento, o conselleiro destacou o "gran éxito nesta primeira convocatoria", en cuxo primeiro día xa se recibiron 1.300 solicitudes. "Os datos falan por si mesmos", afirma.
Este bono está destinado a sufragar gastos para independizar, como pode ser a compra de mobiliario, electrodomésticos, artigos do fogar, transporte da mudanza e xestións de contratos a través de notarías e asesorías.
Deste xeito, a Xunta recibiu 2.300 peticións para axudas en vivendas en réxime de aluguer e 1.400 para as que son en propiedade.
Tamén se referiu ao Plan Estratéxico de Xuventude que conta con 133 medidas e máis de 700 millóns de euros en actuacións para executar durante os próximos tres anos.
Escribe o teu comentario