Vai camiño a Miami o Pazo de Meirás?

Francisco Franco Martínez-Bordiú pretende vender o seu parte á empresa Pristina. En Miami, a familia do ditador opera outra empresa exactamente co mesmo nome. Esta compañía é unha dos seus investimentos no estranxeiro, investimentos que incluíron paraísos fiscais.


|

Francisco Franco Martínez-Bordiú pretende vender a súa parte á empresa Pristina. En Miami, a familia do ditador opera outra empresa exactamente co mesmo nome. Esta compañía é un dos seus investimentos no estranxeiro, investimentos que incluíron paraísos fiscais.



Pazo De Meirás


As alarmas saltaron este fin de semana cando La Voz de Galicia publicou que o neto de Franco quere vender a súa sétima parte no predio de Sada. O empresario xa presentou no Rexistro da Xunta un documento polo cal pretende que as Torres de Meirás e as esculturas de Abraham e Isaac pasen a ser parte do capital de Pristina SL.


O administrador único de Pristina é o propio Francis Franco, segundo o Rexistro Mercantil Español. O empresario mantén activa unha compañía con idéntico nome en Miami, segundo o rexistro mercantil do estado norteamericano.


A lei obriga aos propietarios de Bens de Interese Cultural (BIC) a comunicar áAdministración calquera transferencia da propiedade. A Xunta tería un dereito de tanteo de tres meses. Dado que Francis Franco rexistrou a comunicación o sete de xullo, o Goberno tería de prazo, en principio, ata o 7 de outubro.


A XUNTA NON MOVE FICHA

A postura do Executivo foi ata agora non pagar pola recuperación do Pazo ou das estatuas. O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda dixo onte que descoñecía a operación e tentou restarlle importancia.


O plan para recuperar Meirás podería pasar unha acción xudicial, como a que xa interpuxo o Concello de Santiago -co visto e prace da Xunta- para recuperar as estatuas de Abraham e Isaac . A Deputación da Coruña e o Concello de Sada levan meses urxindo ao Executivo de Alberto Nuñez Feijóo que deste paso adiante dunha vez.


A eventual transferencia dunha parte do patrimonio a Pristina SLL complicaría o rescate a nivel legal. E complicaríao aínda máis se finalmente eses títulos acaban en Pristina LCC, en Florida.


ILLAS VIRXES E PAPEIS DE PANAMÁ

O señor de Meirás e Marqués de Villaverde e os seus fillos Francisco Franco Suelves e Juan José Franco Suelves manteñen varias empresas activas no estranxeiro. A familia tamén tivo investimentos polo menos nun paraíso fiscal, as Illas Virxes, segundo informou no seu día Infolibre. O nome de Francisco Franco apareceu nos famosos Panama Papers vinculado a dúas sociedades nas Illas Virxes Británicas.


En Pristina LCC o pai comparte o control co seu fillo Francisco Franco Suelves. A compañía foi creada en Florida en 2010, presentando contas anualmente. Os Franco manteñen polo menos outras dúas sociedades activas en Miami, Villaverde Parking e Malini Corp, homónima dunha sociedade que tiveron nas Illas Virxes ata 2012, ano da amnistía fiscal de Montoro.


Segundo a Voz, a nova operación busca "un aumento de capital social ás participacións indivisas deses bens á sociedade Pristina S. L.". De acordo ao BORME, Franco aumentou xa dúas veces o capital desta empersa española, en 2013 e 2017, ata os 6,3 millóns de euros. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE