Quen sucederá a Capital Voskov no Queixo Maquetón? A Festa do Queixo busca a súa nova banda revelación
O prazo de inscrición termina o vindeiro luns 5 de xaneiro ás 15 horas.
Última chamada a tardegos. A Festa do Queixo foi un importante trampolín nos últimos anos para moitas bandas emerxentes que han catapultado a súa carreira no Festival do Queixo, dando a coñecer a súa proposta musical e, ademais, recibindo unha significativa lombeirada financeira para poder enfocar no seu proxecto. Ás portas da LI Edición da Festa do Queixo, os organizadores convidan aos interesados a formular a súa candidatura para a nova edición do Queixo Maquetón.
O GRAN PREMIO QUESERO
O ano pasado foi Capital Voskov a banda gañadora do certame, que permitiu aos muradáns cortar a cinta inaugural do festival, onde compartiron cartel e escenario con Xoel López, Mondra, The Rapants, Cariño ou Xisco Feijóo.
Antes deles Berlina, Troy, Foo, Capitán Elefante, Non Crafts, Sr. Salvaxe ou A túa Futura Exmujer foron algunhas das bandas que se alzaron co queixo. Xa fosen produto local ou procedentes de recunchos como Oviedo, Alacante, Madrid ou Bilbao.
Con vistas aos días 27 e 28 de febreiro, ademais do 1 de marzo, en Arzúa lanzan o último aviso a navegantes, pois o proceso de inscrición pecharase este luns 5 de xaneiro ás 15 horas. Os interesados en levar os 1.500 euros do premio deben formular a súa proposta no mail de proxectoqueixomaqueton@gmail.com.
"Esta é a túa oportunidade", subliñan os organizadores do Queixo Maquetón, que moi pronto descubrirá ao xurado que seleccionará á banda que se comerá o quesito.
Escribe o teu comentario