Máis de 60 supermercados de Mercadona en Galicia súmanse desde hoxe á Recolleita Primavera
A campaña organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos estenderase até o 1 de xuño.
Os 62 supermercados de Mercadona en Galicia súmanse desde este venres, 23 de maio, á Recolleita Primavera organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (Fesbal), que se estenderá até o 1 de xuño.
Co obxectivo de animar aos clientes a participar neste evento solidario, a compañía porá a disposición desta campaña os seus puntos de venda para a recadación de fondos a favor dos Bancos de Alimentos. Os clientes poderán realizar doazóns monetarias, múltiplos dun euro, no momento da compra ao pasar por caixa.
As cantidades doadas transformaranse integramente nos produtos que os Bancos de Alimentos participantes necesiten, nas cantidades e no momento que o precisen.
"Con esta modalidade de doazón, os Bancos de Alimentos poderán atender de forma máis precisa e eficiente aos beneficiarios finais", indica a directora de Acción Social da cadea de supermercados de Mercadona, Laura Cruz.
Mercadona tamén ofrece aos Bancos de Alimentos a posibilidade de transformar a contía doada en Cartóns Sociedade, ferramenta que permite canalizar as axudas aos colectivos máis vulnerables.
"Esta opción permite ao usuario final realizar a súa compra total, tanto de frescos como de secos, e favorecer a súa integración ao exercer o acto de compra de forma cotiá e autónoma", apunta Cruz.
Escribe o teu comentario