A situación do grupo Sargadelos deu un xiro rocambolesco. A pesar de estar en plena expansión e sen perdas cando hai uns anos rozou a quebra, o administrador único, Segismundo García, decidiu pechar a fábrica de Cervo debido a problemas coa Inspección de Traballo. Hai motivos económicos para o peche ou é simplemente un berrinche dun empresario que xa tivo encontróns en cuestións laborais?