O dúo vigués Fillas de Cassandra foi seleccionado por Apple Music como a nova aposta do seu prestixioso programa Up Next, unha iniciativa que impulsou a carreira de artistas internacionais como Billie Eilish e Bad Bunny. A plataforma recoñece así o talento emerxente deste grupo galego, que se consolida como unha das propostas máis innovadoras do panorama musical actual.