Rockin Carballo 2025: The Amornes, The Limboos, As Petunias e o artista 10KR actúan este sábado

Os concertos arrincarán cunha sesión vermú ás 13,00 coa actuación da cantautora estadounidense Eleanor Friedberger, que tocará no escenario Magnolia, situado no Parque do Anllóns. Tras ela, será a quenda de Bee Dee Kay Drives The Ufozzz


|

The limboos
The limboos

O festival 'Rockin' reunirá este sábado, día 21 de xuño, en Carballo a bandas como The Amornes, The Limboos e As Petunias, nunha xornada que pechará o artista carballés afincado en Copenhague, 10KR.

Os concertos arrincarán cunha sesión vermú ás 13,00 coa actuación da cantautora estadounidense Eleanor Friedberger, que tocará no escenario Magnolia, situado no Parque do Anllóns. Tras ela, será a quenda de Bee Dee Kay Drives The Ufozzz.

Tras un parón vespertino, a música renovarase na Praza do Concello ás 21,00 co espectáculo da banda de pop punk madriñela A Petunias, que darán paso aos británicos The Amornes, que actuarán ás 22,30 horas.

Xa ás 00,15 horas terá lugar o concerto de The Limboos, banda tras a que o artista carballés afincado en Copenhague, 10KR, pechará o festival.

10KR EN CARBALLO 
Precisamente, 10KR acaba de presentar o pasado 12 de xuño un novo sinxelo en galego, 'Estórbanche vos dentes?', un tema de punk drum & bass que supón un adianto do seu primeiro álbum, 'Not mad, but' que verá a luz o próximo mes de agosto.

Na súa música mestura o inglés, o galego e o castelán, con beats potentes, letras que van desde "o picante ao incendiario", e unha posta en escena que combina a crueza vocal e o estéticas club. Nos últimos anos, 10KR actuou en espazos de referencia da escena underground de Copenhague e no Malmö Pride.

Recentemente, 10KR, nome artístico do carballés Pablo Canedo, foi finalista no festival Falastin Visión, unha iniciativa cultural online no que distintos artistas dan voz ao pobo palestino e que xorde como alternativa a Eurovisión e crítica á participación de Israel no evento.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE