Medallas Castelao 2025: a doutora Rosa Rodríguez, Luar na Lubre, Freixanes, Pérez Nieto e a asociación Agaela
Os galardóns concederanse a un grupo que vai desde unha médico xubilada até o presidente da RAG.
O Goberno galego ha aprobado na súa reunión semanal deste luns a relación dos condecorados coa Medalla Castelao correspondente á súa edición de 2025, entre os que están unha médica de familia xubilada que exerceu na Coruña, Rosa Rodríguez Álvarez, así como o grupo Luar na Lubre, e o escritor e xornalista Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega (#RAG) até marzo.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou os nomes e destacou que á doutora Rosa Rodríguez fáiselle a distinción polo seu labor e tamén como representante do colectivo de médicos de Atención Primaria. Recibirán tamén Medalla Castelao o presidente honorífico do Grupo Pérez Rumbao, Emilio Pérez Nieto; e a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela).
A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil que concede a Xunta e que recoñece a achega profesional e persoal de personalidades ou institucións polo seu traballo no ámbito artístico, literario, intelectual ou en calquera campo significativo para Galicia.
Este galardón entrégase cada ano o 28 de xuño, para conmemorar o retorno a Galicia dos restos do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Escribe o teu comentario