O Corte Inglés da Coruña celebra o Día da Música xunto ao Conservatorio Presto Vivace
As actuacións celebraranse a partir das 19 horas na praza da Cubela os días 19 e 20 de xuño.
A música é unha das grandes creacións da humanidade. A evolución desde o son que produce o golpe entre dúas pedras até un sintetizador é tremenda e diso poden dar fe os alumnos do Conservatorio Profesional e Escola de Música e Danza Presto Vivace, que aprenden moitos valores a través da música e a dificultade para domar un instrumento. Agora, porán a proba o seu virtuosismo da man do Corte Inglés da Coruña.
DOUS DÍAS DE ACTUACIÓNS
E é que os grandes almacéns herculinos elixiron aos alumnos de Presto Vivace para conmemorar o Día Mundial da Música, unha alianza que vén fortalecer nos últimos anos con distintas actividades no Corte Inglés cos alumnos da entidade.
Será este xoves 19 de xuño e o venres 20 de xuño cando máis dun centenar de alumnos, con idades que van desde os 4 até os 20 anos participarán nun espectáculo de música e baile para goce dos clientes do Corte Inglés.
"O programa inclúe actuacións de Música e Movemento, Orquestra infantill, grupo de violíns, baterías, pianistas, coreografías de baile moderno, combos de música moderna, canto, batería, coro...", detallan desde O Corte Inglés da Coruña, que empraza aos interesados a achegar a partir das 19 horas á praza da Cubela.
Escribe o teu comentario