Óscar Vázquez Lima presenta no Corte Inglés de Vigo 'A noite que Andrea desapareceu'
O escritor vigués presentará nos grandes almacéns olívicos a súa última novela este mércores 18 de xuño.
Onde está Andrea? Ninguén coñece o paradoiro da pequena de tres anos que, de noite, desapareceu do cuarto onde durmía placidamente. Alguén entrou e raptouna? Iso tenta pescudar a inspectora Mónica Andrade, protagonista da última novela de Óscar Vázquez Lima, que presenta no Corte Inglés de Vigo 'A noite que Andrea desapareceu'.
PRESENTACIÓN
Trátase do último traballo do autor que agora trae á superficie comercial olívica, pois non hai un mellor escenario na súa cidade natal para a posta de longo da súa novela. A presentación terá lugar este mércores 18 de xuño, ás 19:30 horas na 7ª planta do Corte Inglés de Vigo.
Funcionario da Xunta e parte da Escola de Arte Dramática de Galicia, Vázquez Lima mergulla ao lector nunha serie de intrigas que teñen á inspectora Mónica Andrade e a Raúl Salgado no centro da acción, xunto con Alberto Cortés, subinspector e expareja de Andrade, ao que terá que botar unha man polo grave transtorno que sofre e que só coñece o seu comapñera.
Con esta trama, o finalista dos Premios Xerais e Jules Verne, ademais de gañador do I Concurso Literario de Relatos Históricos Puy du Fou, chama aos lectores a coñecer toda a verdade ao redor da desaparición desta nena pequena, que garda moitos máis secretos dos que cabería esperar.
Escribe o teu comentario