Brote de virus gastrointestinal afecto a case medio centenar de estudantes do IES Elviña

A Xunta investiga o suceso, que podería tratar dunha intoxicación alimentaria.


|

IES Elviu00f1a
Imaxe de Google Street View do IES Plurilingüe de Elviña

 

Entre 40 e 50 estudantes do IES Plurilingüe de Elviña, na Coruña, están afectados por un brote dun virus gastrointestinal que, segundo apunta a Consellería de Sanidade -- que investiga o caso --, pode deber a unha intoxicación alimentaria.

Ningún dos mozos afectados, atendidos en puntos PAC e consultas telefónicas con síntomas como vómitos, diarrea e febre, tivo que ser hospitalizado.

A Consellería de Sanidade tivo constancia do suceso este luns e explica que afecta a alumnos de todos os cursos. Investiga a ocorrido e afirma que a intoxicación se debe a algún produto inxerido entre o 8 e o 9 de xaneiro durante o recreo, cando os alumnos teñen acceso á cafetaría do centro -- que non ten comedor --. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE