Escritor nado en Cabana de Bergantiños, administrador de Noticias Bergantiños, A Costa Verdescente e Poesía Galega Ceibe, entre outras páxinas e grupos. Actualmente é locutor do programa radiofónico Faros de radio Roncudo Corme e colabora como redacción para 21noticias.com na Comarca de Bergantiños, ademáis é articulista de opinión na prensa dende hai varias décadas. (foto de Arquivo AELG - distrito Xesmar)
O presidente de Agro Muralla Lugo, José Luís Pérez Barreiro, non descarta que os gandeiros galegos saian tamén á rúa a protestar.
Os agricultores franceses tomarán París. Uns 200.000 agricultores franceses están en pé de guerra cortando estradas e formando piquetes por toda Francia que parece xa un Estado en guerra. As seguintes protestas anunciadas son tomar por asalto a capital do país.
Alemaña, Polonia, Italia, Romanía, entre outros, que tamén aparecen no mapa de protestas activas, xa desde o ano pasado, debido ás novas políticas verdes da Unión Europea, recortes nas axudas comunitarias, aumento de carburantes, secas, inundacións e outros múltiples problemas aos que se suma a situación de Ucraína e a súa influencia nos custos de vida. As reunións nestas datas para tratar estes asuntos en Bruxelas afecto á intensificación destas manifestacións e as eleccións europeas no mes de xuño poderían dar un xiro inesperado por un aumento de forza política dos partidos populistas e antieuropeos. As autovías francesas A1, A4, A5, A6, A13, A15 están xa bloqueadas e os agricultores cercan a capital coa intención de paralizar un dos principais mercados de abastos de toda Europa, o mercado de Rungis.
O xoves os agricultores de Italia, desde Verona iniciaranse as protestas en Italia que están xa previstas inicialmente en Lombardía, Toscana, Umbría, Lacio e Sardeña.
Os movementos de ficha en Galicia pasaron case desapercibidos pero en datas recentes as reunións entre administracións apuntaron cara a algúns destes problemas, en especial os recortes de fondos europeos, a nova política verde e o endurecemento burocrático polo cal a Xunta xa está a tremer. Algún papel necesitarán para recibir esas subvencións e o de pedir a berros flexibilidade e axilización soa a que poida haber gato encerrado. O presidente de Agro Muralla Lugo, José Luís Pérez Barreiro, non descarta que os gandeiros galegos saian tamén á rúa a protestar.
Agricultores portugueses preparan xa realizar cortes de estradas nas fronteiras con España, incluída a zona norte con Galicia, a partir da madrugada deste mesmo xoves, día 1 de febreiro.
Alea jacta est.
Escribe o teu comentario