A Audiencia Nacional daba a razón a quen denunciara a existencia dun cártel do leite que fixaba prezos á baixa, repartíase roteiros e mercados. Ademais, a maioría poderán cobrar indemnizacións “polo usurpado”. Polo camiño quedaron miles de explotacións que non puideron facer fronte á subida constante de insumos con prezos que non compensaban o esforzo
Iso si, o ruído nos medios e o debate na sociedade no seu conxunto reduciuse moitísimo. A pandemia contribuíu a lastrar a capacidade de mobilización dos gandeiros ante un problema que gran parte da sociedade ve como alleo, pese ao crucial papel da gandería galega en manter á boia o rural económica e medioambientalmente.Con todo, un recente vídeo de López serviu para reabrir este debate máis aló do sector leiteiro.
A asociación Agromuralla critica que as axudas anunciadas polo Goberno son "propaganda política", pois non chegan ao sector.