Os gandeiros perderán as axudas para construír pozos pola burocracia da propia Xunta
A asociación Agromuralla critica que as axudas anunciadas polo Goberno son "propaganda política", pois non chegan ao sector.
A conselleira, nunha visita a unha explotación.
As axudas anunciadas pola Xunta para paliar os efectos da seca tópanse cos reproches de gandeiros, que critican que se trata de "mera propaganda política".
A asociación Agromuralla explica nun comunicado que "en efectivo, son catro ou cinco os beneficiarios das axudas". E poñen como exemplo aquelas destinadas á construción de pozos de auga, cuxa convocatoria saíu publicada e o DOG do 2 de novembro.
Así, explican que a Xunta subvenciona ata 5.000 euros para a captación, pero "para poder facer este tipo de extraccións é preciso obter unha serie de licenzas, entre elas de Augas de Galicia, que tarda en ser expedida uns 18 meses".
"O problema está en que o prazo para a xustificación das axudas remata en setembro de 2018, data na que non haberá licenzas", expón Agromuralla. Desta forma, critican que "todos aqueles que queiran facer un pozo de auga, non poderán acceder á axuda".
"Queda claro que non existe coordinación" entre as administracións públicas, finalizan.
Escribe o teu comentario