Folga de entregas de leite: Non circulará "nin unha soa cisterna" desde o 15 de decembro, advirte Agromuralla

Agromuralla sumouse á convocatoria estatal de Gandeiros Lácteos Unidos en protesta pola subida de custos e de prezos nos comercios que algunhas industrias, como Lactalis ou Central Leiteira Asturiana (CAPSA), non están transladando aos produtores.


|

Agromuralla sumouse á convocatoria estatal de Gandeiros Lácteos Unidos en protesta pola subida de custos e de prezos nos comercios que algunhas industrias, como Lactalis ou Central Leiteira Asturiana (CAPSA), non están transladando aos produtores.


Dous gandeiros coas súas vacas, durante unha tractorada convocada por Agromuralla en Lugo para esixir mellor prezo do leite, ao 4 de novembro de 2021, en Lugo, Galicia (España). A tractorada na qu

Dous gandeiros coas súas vacas, durante unha tractorada convocada por Agromuralla en Lugo para esixir mellor prezo do leite, ao 4 de novembro de 2021, en Lugo, Galicia (España).  


Os convocantes estiman que a única opción que queda  unha folga de entregas das granxas. A folga non terá límite de tempo  "non deixando circular polas estradas nin unha soa cisterna de leite". Algo que, logicamente, pode suscitar conflitos cos transportistas -a quen os convocantes din non querer prexudicar- e cos gandeiros que non secunden a acción.


SEN UNIDADE DE ACCIÓN NO SECTOR

Ademais, os principais sindicatos do agro de Galicia non secundaron a convocatoria por agora. Agromuralla é un colectivo crítico cos sindicatos que ten peso sobre todo na zona de Lugo. 


Vistas as primeiras reaccións de sindicatos como Unións Agrarias e o Sindicato Labrego que recolle Campo Galego non parece que, en principio, vaia haber unidade de acción, polo menos por agora.


Desde Agromulla, exhortan aos gandeiros a non asinar contratos que non inclúan custos de produción, xa que así o establece a lei de cadea alimentaria, e "é ilegal que as industrias nos obriguen a contratar en violación a esta lei".  







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE