Pagamos por Coca Cola un 50% máis que polo leite. O vídeo viral do gandeiro galego que denuncia que van cara á ruína

Iso si, o ruído nos medios e o debate na sociedade no seu conxunto reduciuse moitísimo. A pandemia contribuíu a lastrar a capacidade de mobilización dos gandeiros ante un problema que gran parte da sociedade ve como alleo, pese ao crucial papel da gandería galega en manter á boia o rural económica e medioambientalmente.Con todo, un recente vídeo de López serviu para reabrir este debate máis aló do sector leiteiro.


|

Roberto Lu00f3peixe de Agromuralla na súa granxa de vacas de leite en Lugo



Roberto López é moi coñecido nos medios galegos por ser unha das voces de Agromuralla. Este colectivo crítico cos sindicatos agrarios e nacido en Lugo foi un dos coprotagonistas da última gran crise de prezos do leite e as consecuentes mobilizacións e tractoradas.


MESMO PROBLEMA, MENOS ATENCIÓN

Iso sucedeu alá por 2015 e, desgraciadamente, a situación non mellorou significativamente. Iso si, o ruído nos medios e o debate na sociedade no seu conxunto reduciuse moitísimo. 


A pandemia contribuíu a lastrar a capacidade de mobilización dos gandeiros ante un problema que gran parte da sociedade ve como alleo, pese ao crucial papel da gandería galega en manter á boia o rural económica e medioambientalmente.


Con todo, un recente vídeo de López serviu para reabrir este debate máis aló do sector leiteiro. O activista alerta que a situación das granxas volve ser límite. Ademais dos baixos prezos que pagan as industrias, deben afrontar un gran aumento dos custos.


"Onde están os nosos políticos? Os pobos están a quedarse baleiros. Non hai xente para traballar a terra ou coidar aos animais. De que imos vivir?, que imos comer?"


 "Onde están os nosos políticos? Os pobos están a quedarse baleiros. Non hai xente para traballar a terra ou coidar aos animais. De que imos vivir?, que imos comer?", cuéstionase López nun vídeo que suma case medio millón de reproduciones en poucos días. 





A reactivación da demanda e os problemas do transporte tras superar Occidente o peor da pandemia do coronavirus disparou o custo de infinidade de materias primas. Entre outras, do combustible para as súas máquinas e do cereal que complementa a alimentación das vacas.


CAÍDA DE PREZOS E SUBIDA DE CUSTOS

Ao mesmo tempo, os prezos do leite caeron este ano. Empezou 2020 cuns prezos medios de 0,33 euros por litro e baixou a 0,326 en agosto, último mes publicado nas estatísticas oficiais da Consellería do Medio Rural.


Segundo datos do Observatorio da UE para os prezos do leite, os custos de produción aumentaron un 20% desde 2008.  O incremento do prezo do leite no mesmo período non chega ao 10%. 


COMPARATIVA DE PREZOS

España é un dos estados de Europa onde comprar leite é máis barato. Isto débese non á abundancia produción propia, pois a realidade é que o estado importa leite de fóra. Un factor crave do problema é a estratexia dos supermercados de usar o prezo do leite como reclamo para atraer clientes interesados noutros produtos. 




Por exemplo, un litro de leite nun supermercado pódese atopar hoxe ao redor dos 0,61 euros. Unha botella de Coca Cola de 2 litros vale ao redor de 1,89 euros. O litro de Coca Cola págase a 0,95 euros, un 54% máis que o do leite.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE