Cando non se cree nun proxecto político

Gustavo Olmedo Portela

Portavoz do Colectivo de Celadores da Área Sanitaria Pontevedra/Salnés 

UPyD e Cidadáns, entre outros, representan un claro exemplo de fórmulas personalistas e de cando os seus líderes, neste caso Rosa Díez e Albert Rivera, non creen nos seus respectivos proxectos, independentemente de quen fosen os seus creadores ou ideólogos, Eslamiada Wagner (UPyD), Javier Nart (Cidadáns) ou Ramón Espinar (Podemos), representan un claro exemplo de como se dilapidan os activos das formacións políticas e que son estes últimos os que realmente creen nos proxectos dos cales forman parte desde as súas orixes.

 

A UCD foi un bo exemplo do que debe ser un partido a pesar de todas as súas convulsións internas xa que non deixaba de ser unha coalición de 14 formacións con distintas correntes e sensibilidades, pero cun bo fin, que foi a aprobación da reforma política cunha cámara repleta de procuradores do antigo réxime e cun resultado de 425 votos a favor dos 531 presentes, sendo a aprobación o 18 de novembro de 1976.

 

Foi a UCD unha das formaciónes das que xurdiron en democracia até a data a que logrou o obxectivo político citado e coa complicidade do pobo español e a Monarquía, até a disolución dos centristas o 18 de febreiro de 1983. Por tanto, misión cumprida.

 

Volvendo para atrás, o 3 de Maio de 1977, o pontevedrés Pío Cabanillas e José María de Areilza fundarían a UCD, que encabezaría como independente Adolfo Suárez, quen sempre creu no seu proxecto político e no de todos os españois e que até a data é do que gozamos todos os cidadáns. O referente dos centristas, sobre todo nos seus inicios, é o que se debe tomar de exemplo á hora de crear unha nova formación política sen egos nin personalismos e crer, por tanto, no proxecto. Pola contra, sucumbiremos nos exemplos dos dous primeiros partidos citados que apenas achegaron nada á democracia e que non cumpriron cos fins que dicían defender nos seus postulados ideolóxicos e, no caso de Podemos, cunha fragmentación da esquerda que xa é tradicional en España, até chegar á irrelevancia desta formación.

 

A equivalencia destes exemplos na nosa autonomía poderiámolos atopar entre outros, en Centristas de Galicia e Coalición Galega que non deixaba de ser esta última unha UCD, pero máis autóctona. As terceiras vías deben consolidar como proxectos políticos sólidos e non como unha simple creación oportunista dunhas listas electorais co único fin de satisfacer as ambicións de poder duns poucos e que ao final terminan lastrando o proxecto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE