Avances históricos para as mulleres

Manoel Barbeitos
Economista

“Non é con agresións e non é con ironías como ides vencer a miña fortaleza" (CLARA CAMPOAMOR, 1 de outubro de 1931. Pleno das Cortes Constituíntes)

"Historicamente a extrema dereita nunca foi favorable as mulleres” (ANNIE ERNAUX, Premio Nobel de Literatura 2022)

 

O balbordo que ultimamente montan as dereitas españolas (#PP, Vox, Cs) e os seus medios de información e opinión -que son maioría-, non é quen de impedir que se estean aprobando unha serie de normativas legais que van situar a España entre os estados máis avanzados de Europa en materia de igualdade de xénero: Lei de Garantía Integral de Liberdade Sexual; Lei de Dereitos Sexuais e Reprodutivos e de Interrupción voluntaria do Embarazo; Anteproxecto da Lei de Familias; Plan estratéxico para a Igualdade efectiva de mulleres e homes (PEIEMH); Regulamento de Igualdade Retributiva... Estamos ante algo realmente histórico que debería ser destacado como se merece. Moito máis se facemos memoria sobre o pasado afastado e próximo ou si acudimos ás evidencias empíricas que nos mostran as enormes resistencias que desde múltiples instancias políticas, xurídicas, mediáticas e relixiosas levantáronse, moitas con enorme agresividade e violencia, fronte a calquera avance, por tímido que fose, nos dereitos das mulleres.

 

Seguramente que un dos aspectos máis subrayables sexa que talles normas implican a obrigación e o compromiso dos poder públicos de garantir os dereitos recolleitos. Deberes que supoñen tanto a vixilancia no cumprimento da lei como a creación de servizos e infraestrutura públicas con persoal propio que axuden a garantir talles dereitos como, por caso, a interrupción do embarazo nun centro hospitalario público, o que implica situar a rede pública como referencia. Algo moi relevante tendo en conta as enormes diferenzas territoriais existentes en España. Non menos relevante é o situar á muller como suxeito individual de dereitos -por caso, o dereito a dispor do seu propio corpo- e ao mesmo nivel que o homes fronte as posicións das dereitas españolas -apoiadas pola Igrexa católica- que as sitúa como suxeito de deberes para con outra -esposa, nai, filla, nora...- ao identificar "familias" con "mulleres". 

 

Instituto Europeo de Igualdade de Xénero, que sitúa a España no sexto lugar en Europa, pon o foco nos atrancos que aínda existen para avanzar en igualdade. Así, os numerosos casos de violencia de xénero -desde o ano 2010 un total de 1.350 mulleres foron asasinadas en España polos seus maridos/compañeiros sen que Galicia escape a esa secuela: 64- evidencian o profundamente que está arraigado o machismo. A realidade do mercado laboral -a taxa de emprego feminina (54%) está claramente por baixo da masculina (64%), os salarios son máis baixos (unha brecha salarial do 25% a favor dos homes)- mostra que a participación no mundo laboral das mulleres e menor e precaria que a dos homes. O desigual impacto da COVID-19 tamén mostrou que, a pesar dos manifestos a favor das familias, os servizos de axuda -infancia, dependencia, maiores...- son claramente deficitarios para prexuízo das mulleres -maiormente si son das clases populares- que deben cubrir esas carencias.

 

Velaí que as normativas anteriormente citadas, recoñecendo estes déficits, veñan reflectir o compromiso do actual goberno español de quenda (#PSOE/UP) coa redución dos mesmos mediante políticas públicas ad hoc. Políticas públicas cuxa implementación vai favorecer avances históricos para as mulleres españolas e, por tanto, para as galegas que verán así incrementar o seu poder de influencia na sociedade algo que até agora estaba moi debilitado.

 

Queda moito camiño para a efectiva igualdade de xénero en España, e en Galicia, pero como dicía o poeta "ao andar faise camiño…”.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE