O que realmente preocupa ás dereitas galegas e españolas

Manoel Barbeitos
Economista

Nesta última semana tivemos de novo probas contundentes de como o que realmente molesta e enfada as dereitas é a evidencia de que o Goberno español de quenda (PSOE/UP) está aprobando medidas de grande impacto económico e social, pero con as clases de rendas medias e baixas -as clases populares- como principais beneficiarias. 

 

Que aproba estas medidas a pesares dos paus nas rodas que lle poñen unhas dereitas que están entre as mais conservadoras de Europa e duns estreitos marcos impostos por unha conxuntura internacional extremadamente difícil: pandemia, guerra en Ucraína...


Como exemplo desa incomodidade témola en que si, por caso, é certo que a inflación non da tregua e está castigando maiormente aos cidadáns de rendas medias e baixas non é menos verdade que o emprego non para de dar sinais moi positivas (o paro rexistrado, en xuño 2022 situouse en 2.880.582 -o nivel mais baixo dende outubro do 2008- ao tempo que o número de contratos indefinidos é o mais elevado en décadas) o que, loxicamente, favorece as clases traballadoras e ao conxunto da economía. 

 

Unhas sinais que poñen en evidencia como as medidas fiscais e laborais que o goberno español está aprobando, en moitos casos en sintonía cos axentes sociais, teñen efectos moi positivos sobre a economía -cun crecemento previsto do 4% para o 2022- e o emprego. 

 

Algo que, polo que se ve, pon moi nerviosas as dereitas a quen, por caso, o desemprego non lles preocupa como debería por seren mais partidarias dos dogmas neoliberais que favorecen un desemprego elevado e unha alta precariedade laboral (o Goberno de Mariano Rajoy despediuse con 3.252.130 desempregados e 720.000 precarios máis).


O mesmo sucede en relación as políticas orientadas a mellorala situación das persoas mais vulnerables: traballadores sen emprego ou con emprego precario, pensionistas, maiores e dependentes, infancia, mulleres vítimas da violencia de xénero, persoas LGTBIQ, familias en risco de exclusión... onde o Goberno está aprobando medidas de moi alto calado en pro dunha maior igualdade pero que son criticadas e rexeitadas por estas dereitas e os seus medios a pesares de que teñen un crecente recoñecemento a nivel internacional.


Unha proba de este malestar é que son principalmente os ministerios que están aprobando estas medidas (Facenda, Igualdade, Dereitos sociais e Axenda 2030, Traballo, Sanidade), que casualmente están dirixidos por mulleres (Maria Jesús Montero, Irene Montero, Ione Belarra, Yolanda Diaz, Carolina Darias), os que ultimamente reciben os ataques mais duros e desapiadados destas dereitas e os seus socios mediáticos e xudiciais.


Ataques que poñen en evidencia como o que realmente lles preocupa son as políticas públicas que favorecen as clases de rendas medias e baixas e as colectivos mais desfavorecidos por que procuran unha maior igualdade.
 

Neste escenario é onde o Goberno de quenda (PSOE/UP) debera situar o debate político, intensificando e ampliando esas políticas públicas (emprego, benestar social, igualdade, medio ambiente), si quere gañar as vindeiras eleccións xerais (2023).

 

Pedrosanchez 12
Arquivo: Presidente do Goberno de España

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE