O Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de outubro outorga unha estimación do voto do 0,6% ao BNG ante unhas eleccións xerais. A formación nacionalista sobe neste apartado unha décima en relación ao 0,5% que lle daba o Barómetro de setembro, aínda que o habitual é que se sitúe nesa pinza do 0,5% ou 0,6%.
onde o Goberno está aprobando medidas de moi alto calado en pro dunha maior igualdade pero que son criticadas e rexeitadas por estas dereitas e os seus medios a pesares de que teñen un crecente recoñecemento a nivel internacional.Unha proba de este malestar é que son principalmente os ministerios que están aprobando estas medidas (Facenda, Igualdade, Dereitos sociais e Axenda 2030, Traballo, Sanidade), que casualmente están dirixidos por mulleres (Maria Jesús Montero, Irene Montero, Ione Belarra, Yolanda Diaz, Carolina Darias), os que ultimamente reciben os ataques mais duros e desapiadados destas dereitas e os seus socios mediáticos e xudiciais.Ataques que poñen en evidencia como o que realmente lles preocupa son as políticas públicas que favorecen as clases de rendas medias e baixas e as colectivos mais desfavorecidos por que procuran unha maior igualdade. Neste escenario é onde o Goberno de quenda (PSOE/UP) debera situar o debate político, intensificando e ampliando esas políticas públicas (emprego, benestar social, igualdade, medio ambiente), si quere gañar as vindeiras eleccións xerais (2023). Arquivo: Presidente do Goberno de España
De celebrarse novas eleccións, as cuartas en catro anos, serán a proba inequívoca dun enorme fracaso político tanto do PSOE como de UP.
Cada vez hai menos dúbidas de que en ningún momento entrou na estratexia do PSOE formar un goberno de coalición con UP