Elena Muñoz postúlase para repetir candidatura á alcaldía de Vigo
Elena Muñoz ante os medios de comunicación.
Elena Muñoz, portavoz do grupo municipal do PP e presidenta do partido en Vigo, recoñeceu que sería "unha honra" para ela repetir como candidata á alcaldía da cidade, aínda que precisou que, nestes momentos, "o deber" do seu grupo e da súa formación política é "traballar para configurar un proxecto de cidade". Desta forma, dá o primeiro paso cara á candidatura para as próximas eleccións municipais.
Ante os medios, a portavoz respondeu as preguntas relacionados sobre os posibles cambios nas candidaturas avanzados polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmando que non ten "dúbida" de que o PP elixirá, en cada cidade, "aos mellores" para encabezar as listas. Con todo, recoñeceu que "traballar por Vigo é “unha honra" para ela, e que sería tamén "unha honra ser candidata" na cidade olívica en 2019.
En calquera caso, Muñoz precisou que o PP leva "meses" traballando nos proxectos de todas as cidades, incluída Vigo, onde o "deber" dos 'populares' é traballar nun "proxecto" do que a cidade olívica non dispón actualmente, co goberno de Caballero. "O que nos interesa neste momento é o proxecto", incidiu.
Escribe o teu comentario