​A futura Cidade da Xustiza avanza coa demolición do antigo hospital

|

Cidade xustiza vigo obras

López-Chaves visitou as obras.

A Xunta de Galicia confirmou a previsión de finalización das obras da futura Cidade da Xustiza de Vigo no ano 2019, no que se concluirá a reforma dun edificio que permitirá agrupar ás 35 unidades xudiciais da cidade, segundo avanzou o representante do goberno galego en Vigo, Ignacio López-Chaves, nunha visita realizada ás instalacións.


O proxecto, segundo lembrou a Xunta de Galicia, divídese en dúas fases: a de execución, coa demolición das partes do edificio do antigo Hospital Xeral, e a de rehabilitación, que terá un prazo de execución de 21 meses.


Na primeira das fases os traballos iniciáronse coa demolición interior, practicamente rematada, e proseguiron coa derriba da estrutura circular exterior e parte do anexo de Urxencias, no que o deseño do arquitecto Alfonso Penela ten proxectada unha gran praza no acceso á futura Cidade da Xustiza. O seguinte paso será a derriba dos patios laterais.


SEGUNDA FASE


En canto á segunda fase, xa está autorizada a contratación das obras, e tres empresas manifestaron o seu interese na transformación e adaptación do complexo do antigo hospital como futura infraestrutura xudicial. O investimento que realizará a Xunta na segunda fase roldará os 30 millóns de euros.


A Cidade da Xustiza de Vigo permitirá agrupar nun mesmo espazo a 35 unidades xudiciais da cidade, con espazo para futuras ampliacións de ata 22 unidades máis, e facilitando, apunta a Xunta, o traballo dos profesionais, con 36.000 metros cadrados de instalacións para desenvolver o seu traballo.


Desde a Xunta apostouse pola rehabilitación dun edificio emblemático da cidade, concentrando nun mesmo cerco todas as dotacións xudiciais da cidade e buscando a mellor solución para converter o antigo hospital na nova Cidade da Xustiza de Vigo.


relacionada A Cidade da Xustiza estará lista en pouco máis de dous anos
relacionada Luz verde á demolición do Hospital Xeral de Vigo para acoller a Cidade da Xustiza

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress