Luz verde á demolición do Hospital Xeral de Vigo para acoller a Cidade da Xustiza
As instalacións serán rehabilitadas e transformadas para albergar os novos xulgados da cidade.
// Galipedia
O Concello de Vigo deu luz verde á licenza para a demolición dunha parte do antigo Hospital Xeral, cuxas instalacións serán rehabilitadas e transformadas para albergar os novos xulgados da cidade.
Segundo confirmou en rolda de prensa o alcalde olívico, Abel Caballero, asinouse a licenza para esta intervención, cuxo orzamento é de 2,23 millóns de euros, e o proxecto inclúe a retirada da cuberta verde do hospital, accións no interior da torre, o baleirado interior das plantas baixas do anexo I, a derriba parcial do anexo II e obras de baleirado na zona onde estaba a cafetería.
Paralelamente á demolición, e segundo anunciara a Xunta, redactarase o proxecto de reforma definitivo para adxudicalo antes de que acabe 2017. As previsións do goberno galego apuntan a que a rehabilitación do antigo Hospital Xeral estará completada a finais de 2019.
Escribe o teu comentario