​Fomento propón un pacto de Estado sobre autoestradas de peaxe que deixa fóra a AP-9

Este ano empezan a vencer as concesións máis antigas, mentres a arteria galega ten unha prórroga ata 2048.


|

Autoestrada ap9 miliario


O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, anunciou a súa intención de buscar un acordo co resto de formacións políticas sobre o futuro das autoestradas de peaxe en España, ante o próximo vencemanto do prazo de concesión das máis antigas.


De la Serna pretende que un acordo nesta materia constitúa un dos principais puntos do Pacto de Estado sobre Infraestruturas que prevé promover proximamente, e para o que, segundo asegura, xa mantivo contactos con distintos grupos políticos.


"Este ano temos que tomar algunhas decisións sobre as autoestradas de peaxe cuxas concesións empezan a vencer a fin de ano", indicou o ministro. "Sería desexable alcanzar un certo acordo político, dado que se trata dunha decisión sobre o futuro do país", engadiu durante a súa intervención no Efe Foro Líderes.


Ata agora, sobre estas vías próximas a concluír o seu prazo de concesión, o ministro só asegurou en reiteradas ocasións que non se lles ampliará este período e que reverterán ao Estado, que no seu momento decidirá sobre elas.


A AP-9, PRORROGADA ATA 2048


En Galicia, a AP-9 forma parte do grupo de autoestradas de peaxe máis antigas de España, pero quedará fóra desta iniciativa de Fomento debido á prórroga da súa concesión ata 2048.


Audasa recibiu a adxudicación nos anos 70, que tiña como data límite o 2012, data que foi atrasada ata en tres ocasións. A última prórroga, asinada polo Goberno de Aznar, alongou a xestión que remataba en 2023 ata 2048.


VÍAS QUE ACABAN A CONCESIÓN


Na actualidade, unha media ducia de autoestradas, as máis antigas do país, teñen un próximo prazo de vencemento. Así, en novembro deste ano conclúe o período de concesión da AP-1 Burgos-Armiñón,.


En 2019, está así mesmo previsto que remate o do tramo da AP-7 entre Tarragona e Alacante, e o da AP-4 Sevilla-Cádiz, e xa en 2021 culmina o trazado que une Barcelona, coa Jonquera e Tarragona e o da AP-2 Zaragoza-Mediterráneo.


relacionada O BNG anuncia o inicio de “a batalla de Rande” pola xestión da AP-9
relacionada ​Galicia quere cobrarlle a Audasa a subida das peaxes eliminando os seus "privilexios" co IBI
relacionada ​As peaxes da AP-9 subirán outra vez para que o tramo entre Vigo e Redondela sexa gratis
relacionada Rajoy continúa a súa xira de inauguracións na AP-9 entre berros de "estafa"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE