​Galicia quere cobrarlle a Audasa a subida das peaxes eliminando os seus "privilexios" co IBI

A concesionaria da AP-9 ten unha bonificación do 95% neste imposto municipal nos terreos que atravesa.


|

Peaxe ap9


Todos os grupos con representación parlamentaria sumaron os seus votos ao redor dunha iniciativa do BNG para pedirlle ao Goberno que suprima "os privilexios fiscais" que conserva a concesionaria da AP-9, Audasa, que levan unha bonificación do 95 por cento do IBI nos terreos que atravesa.


En concreto, como subliñou o deputado nacionalista Luís Bará ante o pleno, trátase dun "privilexio franquista", pois aprobouse a través dun Real Decreto de 1972, que ha de ser retirado.


Pese ao acordo entre os grupos nesta cuestión, non foi posible pechalo co PPdeG ao redor doutros aspectos que recollía a moción do Bloque, como a rebaixa dos peaxes da mencionada autoestrada e a corrección da contaminación acústica que xera ao seu paso polas parroquias de Chapela (Redondela) e Teis (Vigo).


Enfronte, o parlamentario popular Martín Fernández Prado censurou a "demagoxia" da oposición no relativo ás tarifas, pois "calaba" cando estaba no goberno.


Ante as críticas que tamén verteron Abel Losada (PSdeG) e Marcos Cal (En Marea), o popular coruñés lembrou que a vía é "de titularidade estatal" e que o encarecemento das peaxes obedece a "contratos asinados" que "hai que cumprir". "A nós tampouco nos gustan as peaxes, pero non facemos demagoxia", sentenciou.


relacionada ​A AP-9 sobe as peaxes case un 4% e Fomento descarga culpas na "herdanza recibida"
relacionada O BNG recurirrá o veto "antidemocrático" ao debate sobre a "estafa legalizada" da AP-9
relacionada ​Fomento presenta pola súa conta a intermodal de Santiago e chama ao alcalde a última hora
relacionada Fomento "deixa a Galicia fóra" dos investimentos ferroviarios en cercanías

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE