Vázquez Almuiña admite que os hospitais están a desdobrar habitacións pola gripe

A masificación nos centros médicos obriga a dotar de máis camas e persoal en todos os hospitais.


|

VazquezAlmuiu00f1aDesdobles

Vázquez Almuiña ante os medios.


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, admitiu que en "practicamente todos os hospitais galegos" hanse desdobrado habitacións para aumentar o número de camas co fin de afrontar o incremento de demanda asistencial motivado polo pico da gripe. Así respondeu, a preguntas dos xornalistas, no acto de inauguración das novas áreas de Hospitalización onco-pediátrica e de Rehabilitación Integral Cardiovascular Pediátrica no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña.


Aínda que recoñece que a tendencia de incidencia da gripe foi diminuíndo, o conselleiro sinalou que os servizos sanitarios galegos continúan "preparados" para dar resposta a toda a demanda asistencial. "En practicamente todos os hospitais galegos incrementáronse o número de camas" para facilitar que os pacientes sexan atendidos "nas mellores condicións posibles", abundou.


Vázquez Almuiña sinalou que "en momentos determinados", como este motivado pola incidencia da gripe, "desdóbranse habitacións para aumentar a dotación" e increméntase ao mesmo tempo o número de profesionais sanitarios.


En canto á denuncia realizada por sindicatos en relación ao colapso sanitario das Urxencias en Galicia, Vázquez Almuiña chama a realizar este tipo de reclamacións a nivel interno, considerando que na súa opinión "a atención sanitaria discútese dentro do propio sistema sanitario e está fóra de lugar facelo fose" 

relacionada Médicos advirten de que se espera "outro pico de gripe" que volverá provocar colapsos
relacionada ​O PSdeG presenta unha emenda de devolución contra a polémica Lei de Saúde
relacionada ​Dous días de peche no hospital de Ourense sen unha chamada da Xunta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE