O PSdeG presenta unha emenda de devolución contra a polémica Lei de Saúde
"Nin a centralización de servizos nin a redución de áreas sanitarias son unha boa noticia", critican.
Caravana de protesta na Mariña.
O PSdeG buscará paralizar a tramitación da nova Lei de Saúde de Galicia coa presentación dunha emenda de totalidade ou devolución, é dicir, unha petición para que o texto non chegue a iniciar a súa tramitación parlamentaria e a Xunta volva presentar un texto distinto.
Aínda que o PPdeG ten maioría absoluta e, por tanto, forza suficiente para tramitar a lei de saúde, os socialistas, na mesma liña que a plataforma en defensa da sanidade pública --que aglutina a representantes de todo o ámbito sanitario, rexistraron esta emenda á totalidade na que esgrimen argumentos como que esta normativa "non foi obxecto de ningunha información, anuncio ou comunicación previa" a pesar da súa relevancia.
"Nin a centralización de servizos nin a redución de áreas sanitarias son unha boa noticia", manifestou este luns en rolda de prensa o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen deu a coñecer esta emenda, pendente aínda de cando se debaterá. Ademais, o PSdeG atópase á espera do informe que lle solicitou ao Consello de Contas para coñecer o custo da normativa.
Escribe o teu comentario