Oncomet inicia o proceso de selección de pacientes para o estudo da biopsia líquida

O Comité Ético de Investigación de Santiago e Lugo deu o visto e prace para que se inicie a investigación.


|

Investigaciu00f3nCHUS


O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) poderá iniciar o proceso de selección de pacientes na súa investigación da biopsia líquida. O estudo conta xa coa aprobación do Comité Ético de Investigación de Santiago e Lugo polo que Oncomet pode empezar a validar validar distintas técnicas de análises de biopsia líquida. O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) será o primeiro en recibir as mostras, aínda que se sumarán máis centros.


“Os oncólogos serán os encargados de ofrecer nas súas consultas a aqueles pacientes con determinados tumores a posibilidade de participar no estudo de investigación. En caso de aceptar soamente tomaránselles mostras de sangue para o estudo de investigación” informa Oncomet no seu comunicado, aclarando á súa vez que, dependendo do tumor “poderanse obter varias mostras dunha mesma persoa ao longo do tratamento. Os principais tumores nos que traballarán serán de colon, pulmón, páncreas e melanoma”.


Doutra banda, Oncomet aclara que a participación no estudo non supón un cambio no tratamento do paciente nin unha mellora a curto prazo na saúde do mesmo. “As mostras de sangue analizaranse mediante distintas estratexias dependendo do tipo de tumor. Os resultados e conclusións que se obteñan ao longo dos próximos anos dentro deste estudo comunicaranse á comunidade científica e ademais poñeranse en coñecemento da sociedade galega, que é a que permitiu que se financie este proxecto” reza a misiva. Ademais, o grupo remarca que se trata dun proxecto de investigación, non un ensaio clínico.


Otra novedad en el avance del proyecto para el estudio de la biopsia líquida es que la Unidad cuenta en su equipo con dos nuevas incorporaciones. Se trata de dos contratos Principia cuyo coste ayuda a cofinanciar la Axencia Galega de Innovación (GAIN). Además de la Unidad de Biopsia Líquida, el grupo de Oncología Médica Traslacional cuenta con otras áreas de investigación como el laboratorio de Nano-oncología cuyo fin es el de proporcionar nuevas herramientas terapéuticas y de diagnóstico en la lucha contra el cáncer, basadas en la aplicación de la nanotecnología en el campo de la medicina y que están abriendo nuevos horizontes a la detección y el tratamiento del cáncer. 

relacionada Agárdase que a situación de "completa anarquía" nos hospitais dure uns días máis
relacionada A Cirurxía Pediátrica do CHUS, galardoada co 'Premio Doutor Argüelles Terán'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE