A Cirurxía Pediátrica do CHUS, galardoada co 'Premio Doutor Argüelles Terán'
A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Sevilla recoñece o traballo do departamento pediátrico do hospital compostelán.
O Servizo de Cirurxía Pediátrica da xerencia sanitaria compostelá, cuxo responsable é Adolfo Bautista Casanovas, recibiu o 'Premio Doutor Argüelles Terán', da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Sevilla, que será entregado o 25 de xaneiro.
O traballo galardoado leva por título 'Patoloxía Perianal non neno', cuxos autores son Adolfo Bautista e todo o servizo de Cirurxía Pediátrica da xerencia sanitaria compostelá. Ao longo do traballo, os autores describen a patoloxía perianal pediátrica primaria diagnosticada e tratada no Servizo de Cirurxía Pediátrica da xerencia compostelá nos últimos 15 anos, que se sitúan en 198 casos de patoloxía anorrectal.
Segundo explica a xerencia sanitaria compostelá, o obxectivo do traballo "é dar a coñecer e avaliar as características epidemiolóxicas, clínicas, terapéuticas e evolutivas de todas as lesións perianales tratadas no Servizo de Cirurxía Pediátrica".
Escribe o teu comentario