O CHUS estrea novo hospital de día de hematoloxía con capacidade para cen pacientes

|

Hospital hematologia


O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) estrea novo hospital de día de hematoloxía este 13 de decembro, con capacidade para dar asistencia a uns cen pacientes.


Segundo informa o CHUS, conta con dez postos e tres camas para recibir tratamentos, cinco consultas, unha sala de biopsias, unha consulta de enfermería e outra médica para atender a pacientes trasplantados, catro baños, tres office e un control de entrada.


Ao respecto, explica que se trata de "un amplo espazo que lles permite aos pacientes hematolóxicos contar cun hospital de día independente" o que, engade, "repercutirá na axilización dos tratamentos, nunha atención máis personalizada e na mellora do confort".


Deste xeito, o complexo hospitalario compostelán garante "a máxima calidade na atención sanitaria que lle presta a todos os usuarios, pero con especial excelencia aos pacientes con patoloxía oncohematolóxica".


relacionada Os tratamentos hematolóxicos e contra o cancro levan o 26% do gasto farmacéutico nos hospitais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress