A Xustiza non para, Puigdemont (2)

Manuel Fernando González Iglesias


Puigdemont cuerda floja 1

Cando Carles Puigdemont declarou no Parlament de Catalunya a Independencia o pasado 10 de outubro para, a continuación, suspender a dita declaración a cambio de diálogo sobre o monotema, escribinlles a Vds. un artigo (publlicado en Catalunyapress) no que sinalaba os seguinte:


"que o que escoitamos no Parlament neste moi triste e dramático 10 de Outubro é tan só unha argucia para que a Xustiza que comezou a buscar probas coas que xulgar e condenar aos causantes do maior desafecto que sufriu a nosa democracia desde a súa moi difícil posta en marcha e consolidación, perda o fío argumental, algo que moito me temo non vai poder conseguir".


O propio acababa dirixíndose en primeira persoa ao aínda naquel entón President da Generalitat con esta afirmación de xornalista:


"Puigdemont, non teñas ningunha dúbida, a Xustiza fará o seu traballo, e moito me temo que non che vai gustar". 


O paso dos días fixo o seu traballo e o primeiro resultado foi o envío a prisión do ex vicepresidente Junqueras e oito consellers, un mandamento internacional de busca e captura do propio Puigdemont e dos consellers que están con el en Bruxelas e, como peza separada, a primeira comparecencia dos membros da mesa do Parlament e a súa presidenta Carmen Forcadell no Supremo, cuxos letrados pediron tempo morto ao Alto Tribunal, para poder estudar os cargos aos que os seus defendidos se enfrontan. Petición razoada e razoable que os maxistrados lles concederon inmediatamente.


Queda aínda o detalle das probas que a Garda Civil vai poñer encima da mesa da xuíza Lamela para que a situación "dos Jordis" se aclare ou se complique aínda máis, e a continuación virán as mobilizacións que nos anunciaba en 'La Sexta' un coñecido xornalista de 'La Vanguardia', que deixou ao bo do colega Zarzalejos asombrado e que moito me temo que non vai máis aló doutra argucia técnica ideada lonxe do estudio televisivo para quentar as eleccións do 21 de decembro que, de momento, só enardece xa aos máis afíns a quen provocou o maior golpe de estado civil da historia de España.


E con todo, sexa cal for o resultado das actuacións xudiciais -que xa saberemos e comentaremos cando as coñezamos- o peor de todo deste triste episodio que estamos a vivir segue sendo a división entre os cataláns e catalás e o enorme serial no que se pode converter Catalunya, causado por estes visionarios que atraeron cara á autonomía máis rica e potente do Estado o desinterese e a desconfianza dos investidores internacionais, que tardarán moito tempo en confiar nun territorio no que existe semellante estado de cousas, que moitos auguramos non se vai solucionar en varios anos.


Unha auténtica traxedia para a clase traballadora, para a pequena e mediana empresa e, por suposto, para os políticos que persistan en manter vivo o conflito e non lle botan unha chea de auga ao incendio catalán.


De momento, póñanse os partidos -todos eles- as pilas para que as eleccións sirvan para devolvernos a normalidade perdida. Iso axudaranos a todos a pasar páxina e beneficiará mesmo aos que agora van ao cárcere ou xa están alí. Repito, agora toca reconciliarse e non volver ao conflito que causou este drama humano e familiar.


Por certo, president, volva a casa, que xa bastante dano causou aos seus e ás súas familias.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE