Villares: "Está a ser a lexislatura do estrangulamento do rural"
O portavoz de En Marea lamenta a falta de servizos e o despoboamento e aposta por unha "discriminación positiva".
Villares, con veciños do Courel. Foto: En Marea
O portavoz de En Marea, Luís Villares, lamentou a falta de servizos no rural, o que converte aos seus habitantes en "cidadáns de segunda". "Feijóo prometeu que esta ía ser a lexislatura do rural e está a ser a lexislatura da despoboamento, do desmantelamento e o estrangulamiento do medio rural", declarou.
Villares visitou este domingo, acompañado pola deputada Paula Vázquez, o municipio lucense de Folgoso do Courel, onde mantiveron unha reunión co persoal dos centros de saúde desta localidade e da parroquia de Seoane.
Ademais, os parlamentarios do partido instrumental visitaron a feira de Pedrafita (Lugo), onde, en declaracións aos medios, Villares destacou que o rural galego ten "unha cara" e "unha cruz", xa que "conta con todo o necesario" para que sexa un lugar "vivo e con valor engadido" pero que, por contra, non conta co apoio da Xunta para dotar estas zonas de servizos.
"A aposta polo rural pasa pola aposta polos servizos e a súa mellora, o que implica unha discriminación positiva para o rural, algo que non se está producindo", afirmou Villares.
Unha situación que, para Villares, empeora coa anunciada reforma da Lei de Saúde, que "profunda no desmantelamento do rural, da área sanitaria, e da atención primaria e especializada".
Escribe o teu comentario