O rural galego perde 9 escolas unitarias o próximo curso

A Xunta defende o seu criterio dos últimos anos para pechar estes centros, que non superan os cinco alumnos matriculados.


|

AulavaciaDous das escolas non recibiron ningunha solicitude de matrícula.


Os alumnos matriculados en 9 escolas unitarias do rural galego terán que desprazarse a outro centro educativo o próximo curso. A Consellería de Educación da Xunta anuncia o seu peche unha vez revisada a matrícula, como xa adiantara hai un par de semanas.


O departamento qeu dirixe Román Rodríguez defende que se trata dun "proceso habitual que se leva a cabo todos os anos". Así mesmo, xustifica que para "garantir a viabilidade da escola, sobre todo no ámbito rural", mantén o seu criterio de botar o peche a aqueles centros con menos de seis alumnos matriculados.


As escolas unitarias que se suprimen son, na provincia da Coruña: as EEI de Saltiño, en Boiro (con 0 alumnos/as); o CEIP de Revoltiña, na Laracha (con 4 alumnos/as); a EEI de Rúa, en Padrón (con 5 alumnas/vos); e a EEI de Seira, en Rois (con 1 alumno).


En Ourense bota o peche ao CEIP Víctor M. Vázquez Portomeñe, de Xunqueira de Espadanedo (sen alumnos). Por último, na provincia de Pontevedra, deixan de funcionar a EEI Monte da Vila, no Grove (con 4 alumnos/as); a EEI de Xil-Meaño, en Meaño (con 5 alumnos/as); a EEI de de Portosanto, en Poio (con 4 alumnos/as) e a EEI de Tremoedo en Vilanova de Arousa (con 4 alumnos/as).


A Consellería insiste en que esta decisión "responde á obrigación de realizar unha xestión eficiente" para adecuarse "tanto ás necesidades educativas de cada zona como á realidade social".

relacionada As escolas unitarias, no punto de mira da consellería
relacionada A Xunta non aclara cantos profesores leva por diante o peche de centros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE