O Dépor reparte cinco brazaletes: Mosquera, Borges, Sidnei, Juanfran e Navarro
Luisinho queda fóra da lista de capitáns. Borja Valle cre que Adrián "será un salto de calidade" se finalmente chega.
O Dépor concéntrase unha semana en Vilalba. Foto: RC Deportivo.
A tradicional concentración do Dépor en Vilalba pecha un dos debates do equipo branquiazul: os capitáns. Finalmente, Luisinho, que si luciu brazalete na pretemporada, queda fóra da lista de cinco.
Pedro Mosquera, Celso Borges, Sidnei, Juanfran Moreno e Fernando Navarro son os elixidos para gobernar o vestiario.
Doutra banda, Borja Valle atendeu os medios de comunicación esta mañá, asegurando estar "moi feliz" a nivel individual pola confianza que recibiu de Pepe Mel.
"O meu pensamento só pasa por quedar aquí, crecer como futbolista, asentarme, estar feliz, e sumar", declarou. Unha situación mellorada mesmo ao conseguir un gol ante a súa afección en Riazor no Teresa Herrera.
Da marcha do equipo este verán, Borja Valle advirte que o partido ante o Porto "veunos moi ben para darnos conta de certas carencias que a nivel individual e colectivo temos que solucionar. O outro día xogouse un bo partido con cousas positivas e cousas negativas que sempre hai".
No que se refire a fichaxes, Borja Valle deu o visto e prace á chegada de Adrián, cuxa cesión parece que só está pendente de firma. "Se vén recibirémolo cos brazos abertos, seguro que chega para sumar e será un salto de calidade", valorou.
Escribe o teu comentario