Un vello coñecido para reforzar a dianteira branquiazul este verán
O Dépor trata de incorporar a Adrián López, aínda que non para suplir a ausencia de Lucas Pérez. Para iso búscase un atacante de máis nivel.

Adrián López pode chegar cedido do Porto. Foto: RC Deportivo
Coa posibilidade do regreso de Lucas Pérez en horas baixas, o Dépor segue buscando outras opcións para incorporar a xente de arriba, conscientes da escaseza de efectivos.
O último nome que colle forza para ocupar un deses ocos libres no esquema branquiazul é un vello coñecido de Riazor. Adrián López, que non parece encontar minutos co Porto, ten opcións de chegar cedido.
A idea de Richard Barral e o corpo técnico non é que supla a ausencia de Lucas Pérez, senón que chegue como un reforzo, unha segunda opción.
E aínda que parece que noivas non lle faltan, ao dianteiro asturiano convéncelle a aposta do Dépor, de onde saíu en 2011 con destino ao Atlético, club no que viviu os seus mellores momentos futbolísticos.
Pedro Mosquera tira de galóns para reclamar "bo ambiente" no Dépor
Escribe o teu comentario