Pepe Mel: "Preocúpame a fichaxe dun dianteiro"
O Dépor anuncia a incorporación do suízo Fabian Schär, que se converte no quinto central do primeiro equipo.
Pepe Mel pide un reforzo no ataque. Foto: RC Deportivo
O Dépor anuncia a incorporación dun novo xogador, o suízo Fabian Schär, central de 25 anos procedente de Hoffenheim, que asinará por catro campañas. Non se coñecen os detalles da operación, pero o xogador tiña contrato ata 2019.
A Pepe Mel, con todo, non lle preocupaba a chegada dun integrante máis para a defensa. "Pero o club díxome que podía pasar o mesmo que pasou con Lucas Pérez. Pode haber un movemento nun futuro non moi afastado nun momento no que sería difícil reaccionar", revelou o adestrador.
Para Pepe Mel, a necesidade do Dépor en canto a incorporacións está no ataque. "Non se pode competir cun só punta. A fichaxe dun dianteiro é o que me preocupa. A tardanza pode facer que o xogador teña desvantaxe cos seus compañeiros", manifestou.
De todos os xeitos, mostrouse satisfeito cos xogadores cos que conta. "Creo que temos un equipo competitivo, faino cada vez mellor", afirmou.
Escribe o teu comentario