Dépor-Real Madrid e Celta-Real Sociedad na primeira xornada de Liga


|

Xornada1liga


Os equipos galegos de Primeira empezarán a liga xogando na casa. O Dépor recibirá na primeira xornada en Riazor o Real Madrid, mentres a Balaídos chegará a Real Sociedade para medirse ao Celta.


Para o último partido de Liga, o Celta xogará tamén na casa, contra o Levante. Pola súa banda, o Deportivo medirase ao Valencia en Mestalla.


O NOSO DERBI


Pero as datas máis sinaladas do calendario para a afección volven ser as de 'O noso derbi'. O primeiro deles, o de Riazor, a liga mándao á xornada do 20 de decembro, xusto antes do parón do Nadal, entre semana e coincidindo co Real Madrid -Barça.


Na segunda volta será en Balaídos, na primeira semana de maio. Será na xornada 36 e pode servir para decidir as opcións dos equipos galegos se a esas alturas se xogan algún obxectivo.


A Real Federación Española de Fútbol realizou o sorteo de calendario de Liga para a tempada 2017-2018 cun día de atraso pola detención do seu presidente, Ángel María Villar.


O calendario arrinca a fin de semana do 19 e 20 de agosto, marcado pola disputa do Mundial de Rusia, que condiciona o final da competición en Primeira.

relacionada Villar, o seu fillo e o seu vicepresidente, a prisión incondicional

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE