O BNG lembra a Marcela e Elisa, as precursoras galegas do matrimonio homosexual

Pedirá instaurar o día 8 de xuño como 'Día da visibilidade lésbica', en recordo das únicas mulleres que chegaron a casar pola Igrexa en España


|


Bng8junio

O BNG pedirá no Parlamento de Galicia instaurar o 8 de xuño como "o Día da visibilidade lésbica" en recordo de Marcela e Elisa, as primeiras e únicas mulleres lesbianas que chegaron a casar pola Igrexa en España. A voda tivo lugar o 8 de xuño de 1901 na parroquia coruñesa de San Xurxo.


Diso informou este xoves a deputada do Bloque Olaia Rodil, que participou nun acto na Praza 8 de Marzo de Santiago de Compostela xunto a membros da organización xuvenil Galiza Nova para presentar esta iniciativa.


Segundo destacou Rodil, este xoves cúmprense "116 anos" da voda destas dúas mestras, a primeira "lésbica" rexistrada en Galicia e España. "Elas conseguiron casar facendo pasar a Elisa por Mario, un emigrante inglés supostamente protestante".


Con todo, conforme lembrou, tras a celebración do matrimonio, ambas tería que fuxir ao exilio a Portugal tras ser descubertas polos seus veciños e, despois de pasar polo cárcere, a Buenos Aires, onde se lles perdería a pista.


Para o Bloque, esta efeméride do 8 de xuño serviría par "lembrar a Marcela e Elisa" pero tamén para dar visibilidade "ao colectivo LGTBI en xeral e, en concreto, ás mulleres LGTBI galegas".


E é que conforme explicou unha das integrantes de Galiza Nova, Navia Rivas, as mulleres LGTBI sofren "unha dobre opresión", unha polo feito de seren mulleres nunha "sociedade patriarcal" e outra por pertenceren ao colectivo LGTBI.


Esta medida, para Olaia Rodil, serviría para "restituír a memoria de dúas mulleres que foron perseguidas simplemente por amarse" e visibilizar que en Galicia as mulleres "levan moitos anos queréndose en liberdade".


CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN


Ademais, conforme destacou Olaia Rodil, os nacionalistas galegos tamén pedirán o a Cámara que a Xunta inicie unha campaña de sensibilización e educación social en materia de identidade sexual e identidade de xénero.


"É algo que aparece recollido na Lei de 2014 para a non discriminación do colectivo LGTBI e queremos que sexan os centros Quérote + os que desenvolvan esta campaña", manifestou.


E é que, segundo criticou a parlamentaria nacionalista, desde a aprobación deste texto legal "o máximo que fixo" o Goberno galego foi "repartir uns carteis de 'Eu respecto' nos centros educativos", sinalou.


"Non nos parece serio, os colectivos LGTBI levan anos reclamando que o que se ten que facer é poñer medios económicos para educar na diversidade, respecto e tolerancia", indicou.

relacionada Ourense fai seu o Cocido do Orgullo de Lalín
relacionada Asociacións LGTBI convocan en Santiago unha manifestación polo "dereito a ser e a existir"
relacionada Colectivos LGTBI rexistran un borrador de Lei galega de identidade de xénero

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE