Colectivos LGTBI rexistran un borrador de Lei galega de identidade de xénero

Olalla Rodil (BNG) e Marcos Cal (En Marea) apoiaron o texto e esperan que o resto de grupo fagan o mesmo. 


|

Lgtbiborradorleigalega


Colectivos LGTBI pediron ás distintas forzas políticas que "fagan seu" o borrador que rexistraron este venres no Parlamento de Galicia para unha Lei galega de identidade de xénero que "cubra as necesidades e reclamacións das persoas transexuais" e garanta "unha igualdade real".


En declaracións aos medios en Cámara galega, unha das integrantes da Asociación de familias de menores trans (Arelas), Sara Romeu, pediu ás distintas formacións políticas galegas que teñan "altura de miras" e asuman "un compromiso conxunto" que vaia "máis aló das siglas".


E é que, segundo explicou, entre outras cuestións, este borrador inclúe "cambios básicos" para o colectivo como a regulación dunha "documentación transitoria" para as persoas transexuais, cuestión que xa existe en Madrid ou no País Vasco.


"Agora pídennos unha serie de requisitos, como dous anos de hormonación, para ter dereito a unha documentación que nos identifique", explicou para lamentar que unha persoa transexual teña que "esperar toda a transición" para ter os seus papeis.


Así mesmo, criticou que, nestes momentos, as lista de espera para a operación de cambio de sexo "sexa de dez anos" e que o servizo teña "unha calidade pésima". "É incomprensible e inaceptable", sinalou para asegurar que esta lei "tenta que todos os servizos médicos estean garantidos" para as persoas transexuais do mesmo xeito que o están para o resto de persoas.


O borrador, ademais, propón que os currículos educativos inclúan a diversidade e a comprensión como forma de "avanzar" cara a unha sociedade máis igualitaria na que non se produzan casos de "transfobia" ou "lgtbifobia".


APOIO POLÍTICO


Precisamente, en declaracións aos medios, a deputada do BNG Olalla Rodil asegurou que este borrador supón "un paso máis" para avanzar na "igualdade real" e "recoñecer os dereitos das persoas transexuais".


"Foi un compromiso que adquirimos na campaña electoral e hoxe queremos volvelo poñer de manifesto e dicirlles que imos defender o texto como o redactaron todos os colectivos LGTBI", sinalou para deixar claro que "é unha responsabilidade da Cámara" dar "o carácter lexislativo que se merecen os dereitos e a igualdade das persoas".


Pola súa banda, o parlamentario de En Marea Marcos Cal cualificou de "excelente" este borrador de lei detrás do que "hai moito compromiso e moitas horas de traballo". Ademais, destacou que En Marea asume "o compromiso absoluto de defender esta proposta dentro do debate parlamentario" polo que "fará todo o posible para sacala adiante".


"Esperamos que o resto dos grupos teñan a altura de miras suficiente para poder apoiala e que o dereito de todas as persoas sexa respectado en Galicia e non se vexan prexudicados pola súa condición de xénero", manifestou.

relacionada O PSdeG lamenta que o PP non prohiba a repartición do planfleto "homófobo" de Hazte Oir

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE