O PP precipítase na intención de voto segundo o último CIS, coa ultradereita pisando os talóns de Feijóo

O PSOE gañaría as eleccións segundo o último barómetro, cun 34,8% dos votos. É unha diferenza de 15 puntos sobre o PP e aumenta a distancia con respecto aos resultados ofrecidos o mes pasado. 


|

Cis octubre
#CIS Outubro | Foto: EP

 

O barómetro publicado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (#CIS) neste mes de outubro descobren, segundo os datos recolleitos, unha tendencia á baixa do Partido Popular, que nos últimos meses caeu sensiblemente entre o electorado, deixándoo nestes momentos, e sempre segundo o CIS, moi lonxe de gañar as eleccións e, ademais, cada vez máis preto de Vox, o seu teórico rival por aglutinar o voto da dereita, nun contexto no que o PSOE abre cada vez máis brecha cos populares. 

 

ESTIMACIÓN DO CIS

Segundo o CIS, o Partido Socialista resultaría gañador nunhas eleccións xerais nestes momentos, pois a intención de voto sobre o partido que dirixe Pedro Sánchez estímase no 34,8%, o que representa unha diferenza de 15 puntos sobre o PP, recuperando así o terreo perdido a principios de verán cando estalaron os escándalos que afectam a figuras importantes do partido como Santos Cerdán e José Luís Ábalos.

 

 

En cambio, ao PP parece pasarlle factura a xestión de asuntos como os incendios durante o verán nas comunidades gobernadas polos populares, as investigacións en torno ao exministro Cristóbal Montoro, o aborto ou o xenocidio en Gaza. Neste sentido, queda cunha estimación de voto por baixo do 20%, do 19,8%, lonxe do 23,8% de hai só un mes e moi lonxe daquel 33% cultivado nas eleccións do 23 de xullo de 2023.

 

Isto déixaos a pouco máis de dous puntos de diferenza con Vox, que se afianza como terceira forza e axexa ao partido do cada vez máis cuestionado Alberto Núñez Feijóo, que ten, segundo o CIS, á ultradereita por detrás cunha intención de voto do 17,7% para os de Santiago Abascal.

 

Feiju00f3o abascal
Foto: EP

 

Pola súa banda, á esquerda do PSOE sería cada vez máis urxente un acordo para unificar as candidaturas de Sumar e Podemos, pois xuntas sumarían máis do 12,5% dos votos, sendo do 7,7% para a formación de Yolanda Díaz e do 4,9% para a de Ione Belarra, segundo o último CIS na consulta realizada a máis de 4.000 españois. No relativo ás forzas nacionalistas galegas, o BNG, que segundo unha das últimas enquisas adiantaría ao PP en intención de voto na comunidade, mantense nos algarismos dos anteriores informes, en torno ao 0,8%.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE