Rueda subliña que Galicia "cumpre a lei" do aborto e rexeita entrar en "polémicas impulsadas polo PSOE"
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou que Galicia "cumpre a lei" do aborto e rexeitou entrar en "polémicas impulsadas polo Goberno e o PSOE para non falar das cousas que o lles interesan".
O máximo mandatario autonómico pronunciouse deste xeito ao ser preguntado na rolda de prensa posterior á reunion semanal do seu Goberno polas declaracións da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, nas que expuxo o seu rexeitamento a crear o rexistro de médicos objetores que prevé a normativa.
Respecto diso, Rueda sostivo que se trata "sen ningunha dúbida" dunha polémica "impulsada polo Goberno, polo PSOE, para non falar das cousas que non lles interesa" e puxo como exemplo desta actitude a "retirada precipitada e inédita" do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, do acto que se celebrou o domingo no Palacio Real con motivo dos festexos polo 12 de Outubro.
"Non lles interesa falar, non lles interesa que se lles pregunte por unha serie de cousas", insistiu para asegurar que non entrará "neste tipo de polémicas" e deixar claro que "Galicia cumpre a lei e vaina a seguir cumprindo", polo que elabora este rexistro.
"A miña responsabilidade é falar do que se pode facer en Galicia", sostivo para asegurar que "do que fagan outros" teñen que "opinar aqueles que toman esas decisións".
Escribe o teu comentario