Chegan ao DOG os criterios para as vivendas de uso turístico
Competencia anunciou un recurso ante o TSXG ao entender que algúns artigos "restrinxen a competencia" no sector do aloxamento.
A Xunta difunde este mércores unha instrución da nova regulación de vivendas de uso turístico a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), na web de Turismo de Galicia e no portal de transparencia do Goberno galego.
A finais de abril, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) requiriu á Xunta modificar este decreto de vivendas turísticas ou interpoñerán un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pois asegura que inclúe artigos que "restrinxen a competencia efectiva" no sector dos servizos de aloxamento.
Na instrución publicada mércores a Xunta incide en que a cesión das vivendas de uso turístico "terán que ser na súa totalidade", polo que o aluguer por estancia queda fóra do concepto de vivendas de uso turístico.
Ademais, entre outras cuestións, o período de aloxamento continuado non poderá exceder os tres meses, polo que os períodos superiores non entrarán nas tipoloxías deste decreto.
Escribe o teu comentario