Os prezos no seu conxunto quedaron conxelados en marzo
As baixadas na electricidade e os carburantes explican que a nivel nacional o IPC rexistre o seu primeiro descenso en sete meses.
O Índice de Prezos de Consumo (IPC) mantívose estable en marzo en Galicia respecto ao mes de febreiro, mentres que a taxa interanual diminuíu ata o 2,7%, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).
A nivel nacional, o IPC tamén se mantivo en marzo respecto ao mes anterior, pero recortou sete décimas a súa taxa interanual, ata o 2,3%, rexistrando o seu primeiro descenso en sete meses. Nesta evolución destaca a baixada dos prezos da electricidade e dos carburantes, fronte á subida que experimentaron en igual mes de 2016.
A pesar da rebaixa na taxa interanual con respecto ao mes anterior, Galicia é a comunidade española coa taxa interanual máis alta, por encima de Castela a Mancha e Castela e León, cun 2,6%; e por Cantabria, cun 2,5%.
Escribe o teu comentario