A subida interanual do IPC mantense por encima do 3%

Os prezos baixan un 0,4% en Galicia en febreiro, sobre todo polos descensos nos gastos relacionados coa vivenda e a roupa.


|

Verdurastomatesxudias


O Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou un 0,4% en Galicia en febreiro en relación co mes anterior, de forma que a taxa anual situouse en 3,3%, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).


O descenso dos prezos na comunidade galega durante o segundo mes do ano é menos acusado que o rexistrado en xaneiro, cando caeron un 0,7%, e está protagonizado sobre todo polos descensos en prezo dos gastos relacionados coa vivenda (-3%) e do vestido e o calzado (-1,9%).


A nivel nacional, o Índice de Prezos de Consumo baixou un 0,4% en febreiro respecto ao mes anterior e mantivo a súa taxa interanual no 3%, igualando o rexistro de xaneiro, cando os prezos da luz e das gasolinas levaron a inflación a niveis de hai catro anos e medio.


O organismo estatístico, que confirma deste xeito o dato interanual avanzado a finais do mes pasado, explicou que no comportamento da taxa interanual do IPC de febreiro destacou a baixada dos prezos da electricidade, que se viu compensada pola evolución dos prezos dos carburantes e o encarecemento dos alimentos, especialmente das froitas e hortalizas frescas.


O IPC interanual arrincou o ano na súa taxa máis alta desde outubro de 2012. En febreiro repetiuse a mesma porcentaxe, o que significa que a cesta da compra se encareceu un 3% no último ano. A de febreiro é a sexta taxa positiva que encadea o IPC interanual tras oito meses en negativo.


A inflación subxacente, que non inclúe os prezos dos produtos enerxéticos nin dos alimentos non elaborados, baixou unha décima en febreiro, ata o 1%, situándose dous puntos por baixo da taxa xeral do IPC.


BAIXA O PREZO DA LUZ, SOBE O DAS HORTALIZAS


No mantemento do IPC interanual de febreiro influíu a subida en sete décimas da taxa de alimentos e bebidas non alcohólicas, ata o 1,7%, motivada principalmente polo encarecemento dos legumes, as froitas e as hortalizas frescas, así como o repunte en case un punto da taxa do transporte, ata o 8,5%, causado polo mantemento dos prezos dos carburantes, fronte o descenso que experimentaron en febreiro de 2016.


O incremento de prezos nestes dous grupos viuse compensado polo descenso dos prezos da electricidade, o que levou ao grupo de vivenda a recortar en 1,5 puntos a súa taxa interanual, ata o 5,9%. En contraste coa baixada do prezo da luz, o do gasóleo para calefacción incrementouse en febreiro.


En termos mensuais, o IPC retrocedeu un 0,4% no segundo mes do ano polo abaratamento da electricidade, do vestido e o calzado e do enxoval, descensos que contrastaron coas subidas dos servizos de aloxamento e a restauración; froitas e legumes e hortalizas frescas e paquetes turísticos.

relacionada Unha de cada catro 'millennials' gasta máis de 100 euros ao mes en moda
relacionada O prezo da vivenda sobe en Galicia ao ritmo máis alto desde 2008
relacionada España é o segundo país da UE cos prezos máis caros de banda ancha

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE