O prezo da vivenda sobe en Galicia ao ritmo máis alto desde 2008

|

Ortigueira pisos igvs 26


O prezo da vivenda libre subiu un 2% en 2016 en Galicia respecto ao ano anterior, segundo o Índice de Prezos de Vivenda (IPV) do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicado este mércores.


Esta subida está por baixo da alza do 4,7% de media en España. En 2016, todas as comunidades autónomas --máis as cidades de Ceuta e Melilla-- rexistraron taxas medias positivas no prezo da vivenda.


Os aumentos máis pronunciados de prezos corresponderon a Madrid (+8,6%), Cataluña (+7%), Baleares (+6,2%), Melilla (+5,3%) e Ceuta (+5,2%), mentres que os menores repuntes déronse en Castela-A Mancha (+0,8%) e Castela e León (+1,1%).


Con todo, o aumento en Galicia de prezos de vivenda libre supón o maior desde 2008. Entre 2009 e 2014 as taxas foron negativas, mentres que a subida de 2015 foi do 1,5%.


Así, na vivenda nova o aumento en 2016 na Comunidade galega foi do 5,3%, fronte ao 6,5% de media en España. O incremento da vivenda de segunda man en Galicia foi dun 1% respecto de 2015 (+4,4% en España).


No tocante á variación do último trimestre do ano respecto dos tres meses anteriores, o prezo da vivenda libre en Galicia baixa un 0,6%, mentres sobe un 0,4% en España.


Ademais, na comparativa dos tres últimos meses de 2016 co último trimestre de 2015 hai un avance nos prezos do 2,1% en Galicia, tamén menos que no Estado (+4,5%).

relacionada Os bancos teñen polo menos 2.600 vivendas baleiras en Galicia
relacionada Caen máis da metade as execucións de hipotecas en Galicia
relacionada As vivendas da Coruña revalorizáronse en máis 2.300 euros en 2016

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress