Caen máis da metade as execucións de hipotecas en Galicia

|

Viviendapisosalon


O número de execucións hipotecarias sobre vivendas de persoas físicas --non xurídicas-- situouse en 434 en 2016 en Galicia, unha cifra un 60,6 por cento inferior ás 744 de 2015, segundo a estatística de execucións hipotecarias publicada este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).


En total, as execucións hipotecarias sobre vivendas na comunidade ascenderon a 727 --tamén por baixo das 1.217 que houbo en 2015-- se se teñen en conta as 293 certificacións por execucións hipotecarias iniciadas e inscritas o pasado ano en relación con vivendas de persoas xurídicas.


Tendo en conta calquera dos dous datos (os 434 lanzamentos de vivendas de persoas físicas e os 727 que suman as execucións hipotecarias de vivendas inscritas a nome de persoas físicas e xurídicas), Galicia sitúase en metade da táboa no conxunto do Estado (no sétimo posto pola cola).


A estatística do INE non desagrega os datos referidos a vivendas habituais no caso das comunidades autónomas, a diferenza do que fai a nivel estatal. Así, no conxunto español, o número de execucións hipotecarias sobre vivendas habituais situouse en 21.064 en 2016, unha cifra un 30,9 por cento inferior á de 2015.


DATOS ESTATAIS


Deste xeito, as execucións hipotecarias sobre vivendas habituais encadean dous anos de retrocesos despois de que en 2015 baixasen un 12,6%. Estatística lembra que non todas as execucións de hipoteca terminan co lanzamento (desafiuzamento) dos seus propietarios.

relacionada A firma de hipotecas repunta case un 21% en Galicia
relacionada Os notarios reclaman "claridade" nas hipotecas para conseguir seguridade xurídica

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress