A Xunta declara o período de alto risco de incendios "co persoal de reforzo na casa"

A CIG denuncia que Medio Rural active a alerta pero non contrate o persoal necesario para cubrir o servizo


|

Bomberosforestales2


As previsións meteorolóxicas para os próximos días, con temperaturas altas, refachos de vento e ausencia de choiva, levaron á Consellería do Medio Rural a decidir activar a situación de alto risco este mesmo xoves 13 de abril, segundo informa a CIG nun comunicado. Con todo, dita alerta non irá acompañada, "como vén sendo costume" da posta en servizo do persoal propio da Administración destinado para o período de alto risco, denuncia o sindicato autonómico. 


Desde a CIG reprochan á Xunta que os traballadores e traballadoras de reforzo para as tempadas de alto risco, pertencentes ao persoal propio do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, "sigan sen ser contratados unha vez a propia Xunta declara a situación de perigo de incendio forestal".


Ademais, reiteran a súa petición de que o persoal de reforzo, que traballa tres meses ao ano durante o período de máis risco de incendio, pase a ser contratado por un período mínimo de nove meses "como recolle o convenio colectivo", "a maiores desde que a propia lei de protección civil inclúe o SPDCIF dentro dos dispositivos de emerxencias facendo que desapareza a estacionalidade do risco". 


"Atallaríase así en boa medida este despropósito da improvisación continua na xestión da prevención e da defensa contra os incendios forestais aos que por desgraza nos ten afeitos a Consellería de Medio Rural", inciden.  


Precisamente a meteoroloxía levou á Xunta a decretar a suspensión cautelar "ata novo aviso" de queimas agrícolas e forestais este mesmo luns, debido ao risco de que se produzan incendios forestais despois de analizar os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco do lume. 


Só durante a xornada do domingo, Medio Rural daba aviso de senllos incendios en Carballeda de Avia (20 ha), Vilariño de Conso (34 ha), Cualedro (25 ha) ou Lobios (150 ha)

relacionada Non hai condutores para as motobombas no servizo de extinción en Lugo
relacionada Prohibidas ata novo aviso as queimas agrícolas polo risco de incendio
relacionada O PP rexeita ampliar os contratos de tres a nove meses aos traballadores antiincendios
relacionada A Xunta saca a licitación o aluguer de 57 vehículos para as brigadas antiincendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE