A Xunta impulsa 350 erasmus agrarios para facilitar "o relevo xeracional"

Prevé crear 3.000 novos empregos ata 2020 no rural e sitúa como obxectivo a cohesión territorial


|

Nenosrural


Crear 3.000 postos de traballo no rural e lograr que o emprego suba un 4 por cento no sector ata 2020, ademais de "poñer en valor" 330.000 hectáreas para o seu aproveitamento agroforestal (a metade da superficie agraria útil que ten Galicia) son os dous obxectivos prioritarios da Xunta no seu plan de fixación de poboación no rural, dotado de 230 millóns.


Así o concretou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen á espera de que o plan se presente con maior detalle, avanzou os principais eixos estratéxicos e a dotación económica de cada un. Tamén algunhas das 23 medidas específicas que incorpora co fin de xerar novas oportunidades no rural.


Coa substitución xeracional no punto de mira, o presidente ratificou que a Xunta pretende activar 350 erasmus agrarios, é dicir, o "intercambio" de profesionais do sector con outros países para poder completar a aprendizaxe e "importar" novas formas de traballar.


Feijóo, quen xa avanzara este plan e confirmou as liñas expostas na Cámara pola conselleira do ramo, Ángeles Vázquez, concretou que os seis grandes eixos son a cohesión territorial, a innovación e formación, a agricultura sustentable, a mellora da competitividade, a substitución xeracional e a cooperación.


EUCALIPTOS


Por outra banda, preguntado acerca de se a Xunta actuará para poñer coto ás plantacións de eucalipto na comunidade, Feijóo lembrou que se está traballando coas entidades locais para determinar en que zonas se pode continuar plantando e en cales non.


"E hai reaccións soprendentes porque cando deixamos plantar critícasenos e cando o prohibimos tamén", esgrimiu Feijóo, quen incidiu en que as cifras de plantación de eucaliptos na comunidade superan "as previsións máis optimistas".


Dada esta situación, alertou de que se non se frea a "sobreproducción" de eucalipto "o único que se favorece é a venda a prezo moi barato", o que prexudicará ás familias que "seguen plantando de boa fe".

relacionada O asociacionismo galego comeza a unir forzas contra a "eucaliptización"
relacionada O sector madeireiro rexeita as limitacións á expansión do eucalipto en Galicia
relacionada Facer fronte ao reto demográfico pasa por "fixar poboación no rural"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE